Outrascousas’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

chuleta: instalar Rstudio en Mageia (x86-64)

Instalando Rstudio en mageia  (x86_64)

Usei o rpm que colocan na web para fedora. A instalación fracasa por que:

error: Failed dependencies:
        libRblas.so()(64bit) is needed by rstudio-0.94.110-1.x86_64
        libRlapack.so()(64bit) is needed by rstudio-0.94.110-1.x86_64

Esas 2 bibliotecas de funcions parece que xa non están no R (polo menos na versión que eu instalei), polo que as bota en falta.

É necesario instalar no sistema unhas bibliotecas equivalentes.

Instalando liblapack3 ,instala tamén (como dependencia) a biblioteca de BLAS (son cousas con procedementos matemáticos)

Despois será necesario enganar ao Rstudio para que pense que están instaladas as apropiadas.

Iso conséguese creando no sitio apropiado ligazons (soft links) (no meu caso  /usr/lib64/R/modules/ ) co nome das bibliotecas que busca. Estas ligazóns teñen que ligar , pero que liguen cos ficheiros que SI existen.

No meu caso foi así

ln -s /usr/lib64/R/modules/lapack.so /usr/lib64/libRlapack.so
ln -s /usr/lib64/libblas.so.3 /usr/lib64/libRblas.so

ln: cria a ligazon
-s: indica que sexa suave
/usr/lib64/R/modules/lapack.s  : a isto é ao que a apunta a ligazón
/usr/lib64/libRlapack.so  : e isto vai ser a ligazón colocada no sitio que lle corresponde (/usr/lib64/)

Obviamente, cambiará cando cambie a versión ou a distro.

 

A informacion deducina dos seguintes sitios:

http://promberger.info/linux/2009/03/20/r-lme4-matrix-not-finding-librlapackso/

https://answers.launchpad.net/ubuntu/+source/rkward/+question/44070

Novembro 11, 2011 Publicado por | chuletas linux | Deixar un comentario

Resolver un problema cunha impresora conectada en rede

Coloco isto aquí, como recordatorio, ou chuleta, por se me volve pasar.

Problema de configuración de impresora

O caso: traballo cunha impresora Oki c8800, conectada en rede. Cando chegou traballaba perfectamente, sen necesidade de facer nada particular. A distro detectaba e configurábaa sen maior problema. De feito nunca cheguei a averiguar que había que facer para configurar “a man” esa impresora.

Sen embargo, nun momento dado, sen saber por que, deixou de funcionar. Ler máis »

Outubro 18, 2010 Publicado por | chuletas linux | , , | Deixar un comentario

Introducción ao paquete estatístico R

Concederon 2 créditos de libre configuración para o seminario:
“Introducción á análise estatística con R, para estudiantes de ADE e Economía”.

Nese seminario farase unha introduccion ao paquete estatístico R, que é o software empregado na materia Tecnicas Estatísticas para a Análise e Recollida da Información.

O seminario non ten relacion con esa Materia, xa que os seus contidos serán diferentes, e ademais o coñecemento dese programa non entra dentro do exame, nin se explica máis que superficialmente o seu manexo.

Mais Información… Ler máis »

Novembro 25, 2008 Publicado por | Uncategorized | Deixar un comentario

Un pouco de gore

…ou case. Podedes comprobalo aquí e aquí.

Polo demais non ten desperdicio, excepto o gruñido:

http://www.flickr.com/photos/22612314@N07/sets/72157604934678713

Ler máis »

Novembro 12, 2008 Publicado por | Uncategorized | Deixar un comentario

Idea para seminario de libre configuración

Neste curso, na asignatura de Tecnicas Estatísticas empregouse como paquete estatístico o programa R, que se pode obter no seu web: www.r-project.org .

A asignatura estivo centrada nos métodos estatísticos que se explicaban, e non no instrumento empregado (o programa R), por iso me quedou a impresión de que a maioría dos alumnos, ainda adquirindo unhas nocións básicas do seu manexo, necesitarían ‘un extra’, para sentirse cómodos con el e consideralo unha alternativa á hora de realizar traballos con Estatística.

Como solucionalo? Ler máis »

Maio 21, 2008 Publicado por | Uncategorized | Deixar un comentario

Artigo resume da situación do petroleo

Un resume moi ben feito sobre a situación do petroleo e a ‘fin do petroleo barato’.

http://rebelion.org/noticia.php?id=64787

Está escrita para USA, comentando algún dos problemas que lles vai producir, sen embargo tamén serve como visión global do tema.

O artigo orixinal procede de www.sinpermiso.info

Marzo 20, 2008 Publicado por | outros: visions | , , | Deixar un comentario

Estatística e futbol boliviano

Buscando material pola web para a asignatura de Técnicas Estatísticas atopei este traballo. Pode parecer unha frikada, pero é un traballo estatístico ben feito, pensado precisamente para difundir o interese pola estatística … Ler máis »

Marzo 13, 2008 Publicado por | Estatistica | , , , , , , | Deixar un comentario

IPC “real”

O IPC é un valor que intenta resumir con un número a evolución do conxunto dos prezos dos productos de consumo. É polo tanto unha medida de posición: intenta resumir un grupo de valores (a evolución do conxunto dos prezos) mediante un único parámetro.

 

Isto implica que pode verse afectado pola falta de representatividade das medidas de posición, … Ler máis »

Febreiro 5, 2008 Publicado por | Estatistica | , , , | Deixar un comentario

Estatistica e P2P

Suponse que un licenciado en A.D.E. ao rematar a carreira vai ter unhas nocións de Estatística e Econometría, quizais non excesivamente grandes, pero si o suficiente para entender gran cantidade de artigos e escritos nas que empregan os seus conceptos, ou realizan aplicacións a diversos campos.

Un exemplo do que eu considero que debería estar ao alcance destes licenciados sería o seguinte:

 

Ler máis »

Xaneiro 21, 2008 Publicado por | Estatistica | , , , , | Deixar un comentario

Hello world!

Por comezar con algo.

Estou escribindo desde un portatil que funciona con Linux Mandriva. Conectado a internet mediante wifi.

Estiven bastante tempo sen configurar a conexión, dado que, ainda que o driver funcionaba correctamente (podía acceder a traves do wifi dun veciño), non conseguía que recoñecese a clave da miña conexión. Ler máis »

Decembro 19, 2007 Publicado por | cousa con linux | , , , , , , | Deixar un comentario

   

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.