Hello world!
Por comezar con algo.
Estou escribindo desde un portatil que funciona con Linux Mandriva. Conectado a internet mediante wifi.
Estiven bastante tempo sen configurar a conexión, dado que, ainda que o driver funcionaba correctamente (podía acceder a traves do wifi dun veciño), non conseguía que recoñecese a clave da miña conexión.
O problema era que o Xestor da Rede enviaba a clave en Hexadecimal, mentres que eu a introducía como ASCII (ou sexa, caracteres normais) .
Despois de darlle mais voltas conseguín unha pequena solución:
-Abro unha consola e accedo como “root”, ou sexa, escribo:
>su clave_de_root
-Abro o “Centro de redes”
-Doulle ao botón de conectar
-introduzo o contrasinal con iwconfig:
>iwconfig eth1 key s:clave_do_wifi
espero uns segundos e arrinca. iwconfig é o comando que da información das tarxetas de rede sen fíos. Escribindo “iwconfig” logado como “root”, indica a configuración que ten a tarxeta ( a miña sería a eth1, o que é necesario saber para introducirlle a clave)
Seguro que hai unha maneira máis rapida de facelo, pero ainda non a atopei.
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta
-
Recente
- chuleta: instalar Rstudio en Mageia (x86-64)
- Resolver un problema cunha impresora conectada en rede
- Introducción ao paquete estatístico R
- Un pouco de gore
- Idea para seminario de libre configuración
- Artigo resume da situación do petroleo
- Estatística e futbol boliviano
- IPC “real”
- Estatistica e P2P
- Hello world!
-
Ligazóns
-
Arquivo
- Novembro 2011 (1)
- Outubro 2010 (1)
- Novembro 2008 (2)
- Maio 2008 (1)
- Marzo 2008 (2)
- Febreiro 2008 (1)
- Xaneiro 2008 (1)
- Decembro 2007 (1)
-
Categorías
-
RSS
RSS Entradas
RSS Comentarios