Outrascousas’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

Estatistica e P2P

Suponse que un licenciado en A.D.E. ao rematar a carreira vai ter unhas nocións de Estatística e Econometría, quizais non excesivamente grandes, pero si o suficiente para entender gran cantidade de artigos e escritos nas que empregan os seus conceptos, ou realizan aplicacións a diversos campos.

Un exemplo do que eu considero que debería estar ao alcance destes licenciados sería o seguinte:

 

Hai algún tempo saiu un estudo feito no Canada, no que obtiñan que baixar música de internet non era prexudicial para a compra de música, e incluso a favorecía.

 

Buscando pola rede atopei o estudio en cuestión aquí:

 

http://strategis.ic.gc.ca/epic/site/ippd-dppi.nsf/en/h_ip01456e.html

 

e un comentario sobre el nunha web sobre Dereito e tecnoloxía: http://www.michaelgeist.ca/content/view/2347/125/

 

Que cousas poden servir para facer uns comentarios rápidos relacionados coa Estatística. Por exemplo:

 

  • Bear in mind, this is not a study with a particular desired outcome or sponsor – it is the government commissioning independent research to help it make better policy decisions

 

Aquí aparece unha cuestión social: a Estatística como instrumento para unha mellor xestión.

 

O traballo foi encargado por un comite gubernamental para “saber”. Se un goberno, un xestor, un cidadán, quere tomar decisións necesita estar informado, a ser posible da forma máis obxectiva e independente posible. Aquí a Estatística é un instrumento fundamental. Ter estatísticas correctas é ter información,e calquera debate ou decisión deberá telas en conta.

 

 

    • When assessing the P2P downloading population, there was “a strong positive relationship between P2P file sharing and CD purchasing. That is, among Canadians actually engaged in it, P2P file sharing increases CD purchases.” The study estimates that 12 additional P2P downloads per month increases music purchasing by 0.44 CDs per year.

       

       

      • When viewed in the aggreggate (ie. the entire Canadian population), there is no direct relationship between P2P file sharing and CD purchases in Canada. According to the study authors, “the analysis of the entire Canadian population does not uncover either a positive or negative relationship between the number of files downloaded from P2P networks and CDs purchased. That is, we find no direct evidence to suggest that the net effect of P2P file sharing on CD purchasing is either positive or negative for Canada as a whole

      Estes son dous dos resultados que aparecen:

      Na xente que baixa música hai relación significativa e positiva entre descarga de música e compra de Cds

      Para a poboación en xeral non se observa relación significativa entre descarga e compra.

      Un concepto: relación entre variables-

      D: descarga de música (en número de descargas) C: compra de CD’s (en $ canadianos)

      Para descargadores activos: algo así como C=a+(0.44/12)D

      mentres que en xeral sería algo así C=a+0D

      Esta descripción é unha simplificación salvaxe do traballo, pero sirve para amosar un par de ideas estatísticas:

      -Estudian unha relación entre variables aleatorias, para o cal usan unha regresión, o que lles permiten dar observacións sobre a forma desa relación (positiva, e a relación entre a variacion de descargas e gasto)

      -Nun caso o resultado é ‘significativo‘ no outro non.

      Se non hai relación entre as variables os calculos deberían dar algo así:

      C=a+0D, ainda que cambie D, C non se verá afectado por estar multiplicado por cero

      Sen embargo, e dado que nº de descargas e compras son variables aleatorias, a súa relación verase afectada, polo cal ainda que non exista relación o valor da pendente da recta non será exactamente cero.

      Tendo iso en conta, e neste concepto, relación ‘non significativa‘ quere dicir que o valor da pendente está demasiado cerca de cero, como para consideralo diferente (sería como botarlle a culpa á aleatoriedade desa diferencia). Sen embargo, se o valor é suficientemente grande, a pendente é significativa, a aleatoriedade non pode ser o único culpable e débese buscar outra causa.

      Buscar a esa causa non sempre e facil, de feito o avogado comenta que “facer descargas fai aumentar a música” mentres que se observades os comentarios, un tal ‘David on 2007-11-02 21:28:33′ comenta que non é unha interpretación correcta, e de feito o que di o traballo é que os que baixan moita música tamén son compradores de CD’s, neste caso poderíase dicir que é a alta afición pola música a que afectá as dúas variables.

      Xaneiro 21, 2008 - Publicado por outrascousas | Estatistica | , , , , | Aínda non hai comentarios

      Aínda non hai comentarios.

      Deixa un comentario