IPC “real”
O IPC é un valor que intenta resumir con un número a evolución do conxunto dos prezos dos productos de consumo. É polo tanto unha medida de posición: intenta resumir un grupo de valores (a evolución do conxunto dos prezos) mediante un único parámetro.
Isto implica que pode verse afectado pola falta de representatividade das medidas de posición, … cando existen desigualdades grandes entre sectores da poboación (dispersión alta)
Outra cuestión que se observa ultimamente é que a evolución de ese índice parece ser menor ca o que a xente percibe como “verdadeira” evolución dos prezos.
Isto é o que se pretende reflexar neste web http://www.ipcreal.com/. Aquí recalculan o IPC tendo en conta os productos de consumo máis básicos, que tamén soen ser os que se mercan con máis frecuencia, polo que a súa variación é a primeira da que somos conscientes ( é evidente que a variación dos prezos da cirurxía estética algúns non esperamos percibirla nunca, e cousas como televisores ou ordenadores, que soen baixar de prezo, non os mercamos máis ca de tarde en tarde).
O valor que calculan, empregando os propios datos do INE, si describe a inflación que se está a percibir cando se fai a compra habitual.
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta
-
Recente
- chuleta: instalar Rstudio en Mageia (x86-64)
- Resolver un problema cunha impresora conectada en rede
- Introducción ao paquete estatístico R
- Un pouco de gore
- Idea para seminario de libre configuración
- Artigo resume da situación do petroleo
- Estatística e futbol boliviano
- IPC “real”
- Estatistica e P2P
- Hello world!
-
Ligazóns
-
Arquivo
- Novembro 2011 (1)
- Outubro 2010 (1)
- Novembro 2008 (2)
- Maio 2008 (1)
- Marzo 2008 (2)
- Febreiro 2008 (1)
- Xaneiro 2008 (1)
- Decembro 2007 (1)
-
Categorías
-
RSS
RSS Entradas
RSS Comentarios