Idea para seminario de libre configuración
Neste curso, na asignatura de Tecnicas Estatísticas empregouse como paquete estatístico o programa R, que se pode obter no seu web: www.r-project.org .
A asignatura estivo centrada nos métodos estatísticos que se explicaban, e non no instrumento empregado (o programa R), por iso me quedou a impresión de que a maioría dos alumnos, ainda adquirindo unhas nocións básicas do seu manexo, necesitarían ‘un extra’, para sentirse cómodos con el e consideralo unha alternativa á hora de realizar traballos con Estatística.
Como solucionalo?
Dado que o obxectivo da asignatura non debe ser o manexo de un programa de ordenador, este ‘extra’ de ensino do paquete estatístico debería ir aparte, e unha posibilidade sería impartilo como un seminario, no que se puidese obter algún crédito de libre configuración.
Xa preguntei como facelo e averiguei que 15 horas de seminario permitirían conceder 1 crédito de libre configuración. Se o conceden.
De momento ireino solicitando.
No curso explicaríase:
- Manexo de R coa interface Rcmcr (ou sexa,R con menus)
- R en liña de comandos (o xeito clásico de manexar R, e o que ten máis posibilidades)
- Nocions básicas de programación.
A quen podería interesar? en xeral a alumnos con unhas nocións básicas de Estatística, ou sexa, Estatística I e II cursadas.
Sería independente da asignatura de Técnicas Estatísticas, que se impartiría igual ca agora: supoñendo que os alumnos non coñecen o programa.
As novidades que vaia tendo sobre o tema ireinas deixando por aquí.
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario
-
Recente
-
Ligazóns
-
Arquivos
- Novembro 2008 (2)
- Maio 2008 (1)
- Marzo 2008 (2)
- Febreiro 2008 (1)
- Xaneiro 2008 (1)
- Decembro 2007 (1)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS