Outrascousas’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

Introducción ao paquete estatístico R

Concederon 2 créditos de libre configuración para o seminario:
“Introducción á análise estatística con R, para estudiantes de ADE e Economía”.

Nese seminario farase unha introduccion ao paquete estatístico R, que é o software empregado na materia Tecnicas Estatísticas para a Análise e Recollida da Información.

O seminario non ten relacion con esa Materia, xa que os seus contidos serán diferentes, e ademais o coñecemento dese programa non entra dentro do exame, nin se explica máis que superficialmente o seu manexo.

Mais Información…
Web Informativa

O plantexamento do seminario sería introducir no manexo do paquete estatístico R, de xeito que os alumnos que o realicen sexan capaces de aplicalo, con axuda de manuais apropiados, aos diferentes métodos estatísticos e econométricos que se explican na carreira.
A idea de impartilo xurdío ao empregar o programa dentro da materia de Técnicas Estatísticas. Nesta materia cumpre o papel de axudar os estudantes a realizar os cálculos necesarios, pero non se entra máis que moi levemente na súa utilización (non é o obxectivo da Materia). Por iso, ao rematar as clases, tiven a impresión de que os alumnos podían sacarlle máis utilidade á ferramenta, pero ao plantexar as aulas para “aprender estatística” e non “programas informáticos” esa utilidade non pode quedar cuberta, de aí a idea de organizar un seminario aparte.

Insisto, a Matería seguirase dando para alumnos que non saben manexar nada o programa. Manexar ben o programa aumentaría a comodidade á hora de realizar prácticas, pero non tería nada que ver coa nota.

O paquete estatístico R é software libre, e pode ser obtido no seu web: www.r-project.org .

Neste seminario vaise explicar

- Manexo de R coa interface Rcmcr (ou sexa, R con menus)

- R en liña de comandos (o xeito clásico de manexar R, e o que ten máis posibilidades)

- Nocions básicas de programación.

A quen podería interesar? en xeral a alumnos con unhas nocións de Estatística, ou sexa, Estatística II e III cursadas.

Sería independente da asignatura de Técnicas Estatísticas, que se impartiría igual ca agora: supoñendo que os alumnos non coñecen o programa.

As novidades que vaia tendo sobre o tema ireinas deixando por aquí.

Novembro 25, 2008 - Publicado por outrascousas | Uncategorized | | Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario