Outrascousas’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

Resolver un problema cunha impresora conectada en rede

Coloco isto aquí, como recordatorio, ou chuleta, por se me volve pasar.

Problema de configuración de impresora

O caso: traballo cunha impresora Oki c8800, conectada en rede. Cando chegou traballaba perfectamente, sen necesidade de facer nada particular. A distro detectaba e configurábaa sen maior problema. De feito nunca cheguei a averiguar que había que facer para configurar “a man” esa impresora.

Sen embargo, nun momento dado, sen saber por que, deixou de funcionar. Despois de darlle un puñado de voltas descubrin que no sistema de configuración de CUPS aparecía unha mensaxe de que non funcionaba por que “dnssd failed”.

Solución: unha vez descuberto o síntoma ven a busca por internet de “dnssd failed”, e aí averiguar cousas. Unha delas é que tamén pasa nos ordenadores con apple, o que me fai sentir menos só usando Linux :-) .

Pero, indo ao gran, atopei isto:

http://groups.google.com/group/linux.debian.user/msg/9b5d4587a60ee43e

> Try by using a “socket://” or “ipp://” URI and the IP address of the
> printer/machine instead using its name to avoid “dnssd” service comes
> into play.

Thanks. It worked fine for a couple of weeks, then stopped again. After
that I reconfigured the printer using socket://<ip>:9100 (for an hp
printer) and it seems to work again without requiring a reboot or mystic
incantations.

Ou sexa, o problema está no tipo de conexion que use. A solución cambiala. Na ferramenta de configuración de CUPS cambiar simplemente a “URI do dispositivo”. Eu paseina a socket:\\<ip>:9100

Ben. Isto agora queda aquí e se o necesito de novo espero volver a atopalo.

Outubro 18, 2010 - Publicado por | chuletas linux | , ,

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.