Outrascousas’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

chuleta: instalar Rstudio en Mageia (x86-64)

Instalando Rstudio en mageia  (x86_64)

Usei o rpm que colocan na web para fedora. A instalación fracasa por que:

error: Failed dependencies:
        libRblas.so()(64bit) is needed by rstudio-0.94.110-1.x86_64
        libRlapack.so()(64bit) is needed by rstudio-0.94.110-1.x86_64

Esas 2 bibliotecas de funcions parece que xa non están no R (polo menos na versión que eu instalei), polo que as bota en falta.

É necesario instalar no sistema unhas bibliotecas equivalentes.

Instalando liblapack3 ,instala tamén (como dependencia) a biblioteca de BLAS (son cousas con procedementos matemáticos)

Despois será necesario enganar ao Rstudio para que pense que están instaladas as apropiadas.

Iso conséguese creando no sitio apropiado ligazons (soft links) (no meu caso  /usr/lib64/R/modules/ ) co nome das bibliotecas que busca. Estas ligazóns teñen que ligar , pero que liguen cos ficheiros que SI existen.

No meu caso foi así

ln -s /usr/lib64/R/modules/lapack.so /usr/lib64/libRlapack.so
ln -s /usr/lib64/libblas.so.3 /usr/lib64/libRblas.so

ln: cria a ligazon
-s: indica que sexa suave
/usr/lib64/R/modules/lapack.s  : a isto é ao que a apunta a ligazón
/usr/lib64/libRlapack.so  : e isto vai ser a ligazón colocada no sitio que lle corresponde (/usr/lib64/)

Obviamente, cambiará cando cambie a versión ou a distro.

 

A informacion deducina dos seguintes sitios:

http://promberger.info/linux/2009/03/20/r-lme4-matrix-not-finding-librlapackso/

https://answers.launchpad.net/ubuntu/+source/rkward/+question/44070

Novembro 11, 2011 Publicado por | chuletas linux | Deixar un comentario

   

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.